En Boiro a campaña de Nadal remata en xesto solidario e altruísta coas familias necesitadas

20 Xaneiro 2021
Entrega do sueldazo da ABE. Cedida

A Asociación Boirense de Empresarios compartiu este mércores 20 unha boa nova coa veciñanza de concello e da nosa comarca, unha información que pon de manifesto o importante empuxe solidario da nosa xente naquelas situacións, como esta de crise sanitaria que estamos a vivir, nas que máis se precisa esa vontade de botar unha man. Segundo informou ABE, a persoa que resultou premiada co Sueldazo da asociación (a través das súas compras en Joyería Teixeira), decidiu ceder a contía (un rasca gañador do soldo de 300 euros durante seis meses) a causas benéficas.

Dende a ABE déronlle á persoa premiada (que insistiu en que non se desvelase a súa identidade) as felicitacións e os parabéns polo que a asociación considera “unha magnífica iniciativa”.

En canto ao uso do premio será utilizado igualmente nos establecementos asociados participantes na campaña de Nadal pero serán as familias vulnerábeis as que o farán efectivo. “Dende a ABE non imaxinamos un mellor colofón a esta campaña festiva tan atípica e queremos poñer en valor a calidade humana da persoa agraciada que tivo este xesto tan bonito”, engadiu a entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.