O PSOE de Ribeira pide o arranxo da rúa Porto en Aguiño, á altura da Canteira

20 Xaneiro 2021
dav

Os socialistas de Ribeira achegaron este martes un rogo para ser tratado pola Corporación municipal relativo ao grave estado de deterioro no que se atopa a rúa do Porto, en Aguiño, á altura da Canteira e camiño de Punta do Laño, un problema de accesibilidade e estético que se estende a boa parte dos accesos á Covasa dende este punto e á contorna cada vez máis degradada da antiga fábrica Demarsa.

Segundo fai saber o grupo local do PSOE, o pavimento asfáltico deste treito da rúa do Porto ten graves deficiencias, un mal estado que se debe sobre todo “ao aporte áridos e terras de escorrentías que proveñen da vía transversal, zona das chabolas; e tamén ao deterioro do firme polo paso do tempo, e ao escaso drenaxe a altura da parcela 18, o que fai que empoce a auga, e se degrade o pavimento asfáltico na unión co formigón da rúa do Porto”, explica a agrupación, engadindo que este estado de cousas provoca molestias e danos nos vehículos que circulan pola zona, “debido ás fochancas producidas na perda bituminosa e os montículos de áridos”.

En virtude de todo isto, o Grupo Municipal Socialista solicita a limpeza dos áridos procedentes da escorrentía, e se proceda á reparación das fochas da calzada nos puntos degradados, ou a unha nova pavimentación deste tramo de vía pública, para permitir o paso sen dificultades, tanto para persoas como para vehículos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.