A comunidade de Amicos recibe 130 doses da vacina fronte a COVID-19

12 Xaneiro 2021

A Asociación Amicos, con sedes en Boiro e Ribeira, recibiu este luns 12 de xaneiro, sobre as 10.00 horas da mañá, un total de 130 doses de vacina antiCOVID-19 para seren aplicadas a traballadores e residentes. Nestes momentos prevese que arredor do 90% dos membros da entidade xa participaron na vacinación, que non trouxo ningún efecto secundario.

En total 130 doses foron repartidas entre traballadores e residentes. Soamente rexeitaron as vacinas aquelas persoas que tiñan unhas prescricións médicas como o embarazo. De feito, os residentes manifestaron a súa alegría por frear o virus. Marcelino Romero Vilar sinalou que “estaban un pouco inquietos pero que a partir de agora, xa se pode ir recuperando a normalidade”.

Do mesmo xeito, Xoán España, o director do Grupo Amicos destacou que “a nivel xeral, as vacinas son un gran avance e permiten mellorar a esperanza de vida da poboación”. O director explicou que “confía ao 100% na efectividade das vacinas e que o máis importante é que se lles de prioridade ás persoas con discapacidade”.

En definitiva, a Asociación é moi consciente da importancia destas doses, xa que en abril tiveron 30 persoas afectadas por COVID – 19.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.