Venres con frio e nevaradas por riba dos 300 metros no norte

07 Xaneiro 2021

Non se agardan cambios significativos para o venres, con ventos do norte que seguirán traendo aire moi frío. Así, os ceos estarán máis despexados na metade sur e con máis nubes canto máis ao norte. No terzo norte rexistraranse chuvascos illados e ocasionais, máis probables á noite, de neve en cotas arredor dos 300 -400 metros. As temperaturas tampouco cambian, polo que seguiremos con xeadas na madrugada e máximas frías. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando de intensidade pola noite. Sábado e domingo seguiremos con temperaturas baixas e nubes e claros.

Prognóstico venres 8 de xaneiro 2021

No mar teremos este venres vento do nordés, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Visibilidade boa e mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...