Novos controis da Policía Autonómica en Boiro, Ribeira e Rianxo

28 Decembro 2020

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo do 23 ao 27 de decembro un total de 128 inspeccións en 22 concellos galegos, incluídas no marco de actuacións anti-COVID. Os operativos saldáronse con 35 denuncias. Ao abeiro destes controis, realizaron na provincia da Coruña 38 dispositivos nos concellos de Ames, Boiro, A Coruña. Ferrol, Narón, Ribeira, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, que tiveron como resultado 15 denuncias, 13 en Santiago e 2 en Narón.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público se cumprisen as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á COVID-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.