O Club Náutico de Rianxo celebra este 9 de agosto a súa cea anual de confraternidade

08 Agosto 2019

20190808 Este venres 9 de agosto celebrarase a tradicional cea de socios do Club Náutico de Riano, unha xa histórica cita estival de confraternidade que virá precedida pola regata de membros da entidade que se celebra a partir das 15.00 horas. A cea, un clásico nas actividades do club, será no restaurante Tialena, na propia vila de Rianxo. Segundo apunta o club, todo indica que a celebración, igual que en anos anteriores, contará con “gran afluencia de asistentes, entre socios e amigos”.

O club tamén explica que este tipo de actividades “son un clásico” do programa anual do club, e teñen moi boa acollida entre os membros e, tamén, entre a súa ampla rede de amizades e seareiros dos deportes náuticos. “En moitas ocasións, a cea convértese na cita anual daqueles que estando fóra da vila, reencóntranse e comparten actividades náuticas e culinarias”.

Polo que respecta á rega prevista para a tardiña, consistirá nun percorrido costeiro a designar polo comité de regatas cun obxectivo fundamental: incentivar a participación de todos os socios nas actividades náuticas do club.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.