Tres centros da comarca incorpóranse ao programa Club de Letras para fomentar as competencias lingüísticas

26 Decembro 2020

Un total de 56 centros escolares (22 da provincia da Coruña, sete pola de Lugo, outros sete pola de Ourense e 10 pola de Pontevedra) incorpóranse este ano ao programa Club de Letras, unha iniciativa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade implantou por primeira vez no pasado curso co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, tanto orais como escritas, do alumnado a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e a lectura crítica.

Da comarca participarán o CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra, o IES As Insuas de Muros e o CPI Plu Eusebio Lorenzo Baleirón.

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina un total de 100.000 euros a esta convocatoria, e cada un dos centros recibirá unha achega económica de 1.000 euros para a posta en marcha do programa. Ademais dos 56 centros de nova incorporación nesta segunda convocatoria, dáse continuidade aos 30 que se incorporaron na convocatoria pioneira do ano pasado.
O club está formado por alumnado e profesorado e será coordinado por unha das persoas docentes participantes. As actividades que os centros deseñen no marco do Club de Letras desenvolveranse fóra do horario lectivo e o tempo dedicado a esta actividade deberá chegar a, polo menos, unha media de catro horas ao mes desde que se inicia o proxecto ata que
finaliza o período lectivo do curso.
Este curso a temática xira en torno ao coidado, abordado desde unha perspectiva de responsabilidade e corresponsabilidade nas tarefas e nos labores necesarios para a atención das persoas que están a padecer unha situación de vulnerabilidade causada pola enfermidade, pola pobreza, pola soidade, pola dor, pola violencia de xénero, pola LGTBIfobia ou outras circunstancias. Esta vulnerabilidade mesmo puido producirse e/ou agravarse durante o período de confinamento vivido a raíz da pandemia da covid-19 e podería abordarse a temática do coidado neste contexto.
Os proxectos realizados sobre este tema poderán abordarse desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico; e poderán centrar o seu foco de interese na actualidade, en anteriores etapas da historia ou conxugando ambos os dous enfoques.
O Club de Letras defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco o profesorado suxire diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Fundaméntanse, polo tanto, nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura
reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa.
No caso da educación primaria, a iniciativa achegarase a estes eidos do coñecemento fundamentalmente a través da escritura creativa, a exploración e creación artística, a lectura reflexiva e fomentando, de ser posible, unha achega lúdica e dinámica. Na educación secundaria e bacharelato procurarase unha visión transversal e interrelacionada das
manifestacións literarias e artísticas, abordando perspectivas filosóficas e/ou históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade defomentar competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.

Outros artigos

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.