O alumnado do Colexio María Assumpta lanza un audiovisual de homenaxe ao comercio e á hostalería

23 Decembro 2020

Estes días a xente da nosa comarca está a encher as redes de audiovisuais con mensaxes de resistencia e reivindicación do noso, poñendo o foco na defensa de dous dos sectores que máis están a sufrir os embates da crise e da pandemia: o comercio e a hostalería. Un dos vídeos que máis está dando que falar é o que lanzou a comunidade de estudantes do segundo curso do Grao Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do Colexio María Assumpta de Noia, que quixeron achegar o seu gran de area e apoiar os establecementos locais cun emotivo, coidado e comprometido vídeo que se acompaña dunha mensaxe clara e contundente, que cómpre non esquecer: O pequeno comercio fainos grandes.

O vídeo, malia ter sido lanzado este martes, xa foi obxecto de arredor de 2.300 reproducións a primeira hora deste mércores 23, o que dá unha idea clara da repercusión que está a ter.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.