A Xunta deixa saír dos perímetros do 23 ao 25 de decembro pero non se sabe si deixará saír en Noitevella

22 Decembro 2020


O SERGAS permite saltarse os perímetros municipais desde mañá e ata o fin do Día de Nadal. Con todo, esta tregua de Noiteboa aínda non está confirmada para Fin de Ano, depende de como evolucionen as cifras de aquí ao luns 28.

As restricións de mobilidade que afectan a varios municipios de Galicia, entre eles, as principais cidades, suprimiranse de forma excepcional entre as 0,00 horas do 23 de decembro e as 23,00 horas do 25 de decembro, para permitir os encontros familiares en Noiteboa e Nadal.
Así o confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa celebrada este martes para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico que analiza a situación da pandemia de COVID en Galicia, e para informar dos “axustes” do plan de Nadal.

O conselleiro insistiu en que esta “xanela” de mobilidade abrirase de forma “excepcional”, e as restricións restableceranse desde as 23,00 horas do 25 de decembro ata, “polo menos”, as 0,00 horas do día 29 de decembro.

Rolda de prensa do comité clinico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.