Os socialistas de Ribeira piden que a web municipal inclúa ligazóns ao PXOM e ao catálogo de edificios singulares

17 Decembro 2020
Typing on laptop closeup, chatting in Facebook, meeting website. Blogger, journalist writing new article.

O PSdG-PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro e voceiro José Manuel Vilas, presentou un rogo ao pleno da Corporación relativo á páxina web do Concello de Ribeira, que, segundo indican os socialista, non permite, a diferenza do que acontece cos sitios de outros concellos, o acceso a información normativa e planimétrica do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A agrupación tamén solicita que se inclúa o Catálogo de Edificios Singulares e Elementos Culturais de setembro 1999.

Os socialistas requiren que ese habiliten, por parte de quen corresponda, “ligazóns de acceso ao PXOM do Concello e ao devandito catálogo”, enlaces que deberan situarse na sección de destacadas ou ben dentro do apartado Normativa Municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.