O Camiño da Ría de Muros-Noia forma parte do Roteiro Xacobeo

16 Decembro 2020

O Camiño de Santiago da Ría de Muros-Noia é xa oficialmente parte da ruta Xacobea. Hoxe quedou asinado o documentado que recoñece que o trazado que percorre Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago pasa a formar parte de forma definitiva do Roteiro Xacobeo Oficial. Deste xeito os peregrinos que o percorran obterán a compostela cando cheguen ao Obradoiro.

O documentoa sinado hoxe polo Deán da Catedral e directtor da Oficina de Atención ao Peregrino, Segundo Pérez e a presidenta da Asociación de Consellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

O acordo é froito dun traballo documental que consta de máis de 300 páxinas e que foi elaborado polo arquitecto Marcial Rodríguez, o urbanista Javier Harguindey e o arqueólogo e historiador Mario César Vila. Eles foron os encargados de coordinar a investigación que condensou toda a información que existía sobre este itinerario desde o século XII.

A alcaldesa afirmou que será a propia asociación a que deberá xestionar directamente este novo Camiño, o que garante a súa pluralidade e perpetuidade, que todos vos veciños e habitantes dá ría e destes nove concellos deben sentir como propio». O gran paso deuse. A ría de Muros-Noia xa forma parte do Roteiro Xacobeo.

O Deán da Cetdral de santiago, Segundo Pérez e a alcaldesa de Lousame Teresa Villaverde. Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.