O Son achega un programa de actividades de Nadal creativas, solidarias e seguras

14 Decembro 2020

O Nadal en Porto do Son inclúe este ano un completo programa de actividades nas que está presente, dándolles forma e contido, unha mensaxe común: unha felicitación segura e controlada ao tempo que positiva e necesaria.

A programación xa está en marcha dende o 6 decembro, que foi a data elixida polo Concello para o prendido do alumeado de Nadal, e mesmo dende antes: co inicio formal, en novembro, dos preparativos para a nova edición da carreira Sin Son 10K, que este ano é virtual e solidaria e que ten aberto até o 18 de decembro o prazo para formalizar as inscricións (a través da web Emesports e a aplicación Rockthesport, que se pode descargar de balde nos móbiles de cada quen). A carreira impulsada como cada ano por estas datas polo Concello a través da súa área de Deportes tivo que adaptarse á nova realidade da COVID-19, e fíxoo transformándose nunha experiencia online e afondando na súa vertente (tan necesaria nestes tempos) solidaria (o recadado irá dar a asociacións e entidades locais de apoio social). A cota, para quen non o saiba, é de 5 euros. Compartiranse nas redes sociais as fotos das e dos participantes, que se implicarán na proba deportiva a través dos móbiles mediante cinco modalidades diferentes. A carreira en si mesma realizarase entre os 19 e 20 de decembro de 2020. O procedemento é similar ao dunha carreira convencional, pero, desta volta, o dorsal é descargado polo propio participante a través da devandita plataforma. O evento celebrarase entre as 8.00 do sábado día 19 de decembro e as 23.00 do domingo día 20 de decembro. Durante este prazo cada deportista deberá afrontar a distancia na que se inscribiu.

O día 21 de decembro vai ter lugar na Casa da Cultura un dos grandes acontecementos do Nadal en Porto, a inauguración da mostra solidaria navideña da Asociación Loa, que quere, con esta proposta, permitir que a rapazada poida sacarse unha foto con Papá Noel e inscribirse para recibir de mans do mesmiño Santa Claus, un vídeo personalizado. Amais, celebrarase unha exposición de bolas de Nadal feitas polos nenos da Ludoteca Municipal que se exporán e venderán con fins solidarios, co obxectivo de recadar fondos que Loa distribuirá entre as familias máis necesitadas. Todas aquelas persoas que queiran colaborar na exposición achegando unha decoración navideña artesanal están convidadas a facela.

O Concello tamén informa de que o día 22 colocaranse unhas caixas de correona praza de España de Porto do Son e na praza do Curro de Portosín onde os máis pequenos poderán depositar as súas cartas para Papá Noel e os Reis Magos.

Nesa mesma xornada do 22 de decembro inaugurase a actividade de animación urbana O Son das Rúas, que arrincará coa colaboración de altofalantes en distintos emprazamentos dos núcleos de Porto do Son e Portosín, co fin de ambientar os espazos urbanos e promover aqueles negocios que están adheridos á Campaña de Nadal.

Os días 23 e 24 de decembro (con datas e horarios aínda por definir) desenvolverase un percorrido festivo polas parroquias do concello no que van participar os elfos do Nadal, que se desprazarán en dous vehículos decorados para a ocasión acompañados de música propia destas datas. Serán os encargados de recoller as cartas nas diferentes caixas de correos habilitadas.

O día 5 de xaneiro, véspera de Reis, ante a imposibilidade de dar cabida á tradicional Cabalgata de Reis, equiparanse dous vehículos con música e decorados típicos destas festas para levar a animación ás parroquias do termo municipal de xeito seguro.

O Concello tamén informa de que as festas acompañaranse das iniciativas conxuntas do Concello e os negocios locais que se adheriron á Campaña de Nadal 2020 de Porto do Son. Na campaña, promovida pola Asociación de Empresarios de Portosín e o Goberno local, había a mediados de decembro un total de 32 negocios de diferentes sectores: comercio, servizos e hostalería. Ao seu abeiro, os negocios estarán decorados de forma similar e unificada, e naqueles que estean adheridos ao sorteo repartiranse rifas en cada compra. O sorteo celebrarase o 8 de xaneiro cunha contía de 1000€ en premios para gastar nos locais participantes.

Outros artigos

Este sábado comeza a nova edición da Festa da Valvanera en Nebra

O verán está a piques de dicir adeus pero na comarca aínda quedan cousas por celebrar en materia festiva. Por exemplo na parroquia sonense de Nebra, que esta fin de semana (e parte da seguinte) celebra a edición 2026 das súas Festas da Valvanera, entre o sábado 19 e o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.