Este sábado comeza a nova edición da Festa da Valvanera en Nebra

18 Setembro 2026

O verán está a piques de dicir adeus pero na comarca aínda quedan cousas por celebrar en materia festiva. Por exemplo na parroquia sonense de Nebra, que esta fin de semana (e parte da seguinte) celebra a edición 2026 das súas Festas da Valvanera, entre o sábado 19 e o martes 22 de setembro, organizadas pola comisión veciñal coa colaboración do Concello.

A festa comezará este sábado 19 coa saída das imaxes de cada parroquia do concello sonense cara a Nebra. Logo ás 11.00 está previsto o encontro das imaxes coa Virxe, no empalme de Nebra. Ás 12h celebrarase unha misa solemne no Campo da Festa e logo chegará a vertente musical da man da Banda de Música de Caamaño e a agrupación Sons da Ría. Ás 14.00 celebrarase unha gran exaltación de polbo, churrasco e carne ao caldeiro. Ás 18h actuará de novo Sons da Ría e polo serán, ás 20h, actuará a Charanga Los Galácticos. O acordeonista Martín Pose porá o ramo á xornada arredor das 0.00 horas.

O domingo 20 será a xornada adicada á Virxe das Dores. Logo das dianas e alboradas da agrupación local Falcoeira haberá unha misa solemne ás 13.00 horas con sesión vermú posterior a cargo do grupo JB Son, que volverá actuará ás 22h en clave de verbena.

O luns, día adicado a San Antonio, comezará con dianas e alboradas a cargo de Falcoeira. Ás 13h haberá unha nova misa solemne e ao remate sesión vermú con Fuxión Latina. Pola noite verbena ás 22 con Fuxión Latina.

O martes estará adicado á Nosa Señora da Valvanera. Novamente a xornada comezará da man de Falcoeira. Haberá misas ás 9, ás 10, ás 11 e ás 20 horas. Tamén ás 12 (misa solemne). Antes do xantar haberá unha sesión vermú con Unión y Fuerza, que repiten pola noite (verbena) a partir das 22h.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.