“Os traballadores do mar, “esenciais” para a ONU”. Antón Luaces

06 Decembro 2020

Os profesionais do mar nin moito menos están á marxe dos problemas que causa a pandemia de coronavirus en todo o mundo. Por este motivo, os armadores comunitarios celebran que os traballadores do mar sexan “esenciais” para a ONU e piden para eles “vacinación prioritaria”.

Cando en España decretouse que traballadores deber ser considerados “esenciais” na loita contra a COVID-19, non se tivo en conta -inicialmente- a tarefa da xente de mar e os traballadores marítimos. Son, desde as formulacións de Nacións Unidas, traballadores “esenciais” e para eles deben implementarse medidas pertinentes. Así o require a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que instou a tal fin aos Estados Membros da ONU, co obxectivo de permitir a repatriación da xente de mar “varada” e a incorporación doutras persoas (substitucións) aos buques, ademais de garantir o acceso á atención médica.
Repatriación e substitucións para combater con garantías -aínda que sexan mínimas- a pandemia xeneralizada pola COVID-19 e que se espera poida ser atallada nos próximos meses de por a aplicación dalgunha das vacinas que se anuncia estarán no mercado farmacéutico nas próximas semanas (en países como Reino Unido, no prazo de sete días).
O pasado 1 de decembro as Nacións Unidas recoñeceron a necesidade dunha resposta urxente e concreta de todos os axentes implicados, incluído o sector privado , para resolver a situación da xente de mar varada no mar a causa do coronavirus.
A mesma resolución da ONU serve ao secretario xeral da Organización Marítima Internacional ( OMI), Kitach Lim, para declarar que “lamentablemente, centos de miles de mariños vitais para o mantemento das cadeas de subministración, permanecen varados no mar durante meses máis aló do tempo contratado”. Esta situación causa gran tensión, fatiga e esgotamento a uns traballadores que consideran imposible facer fronte á pandemia e ao traballo a bordo en tales condicións.
Nacións Unidas exhorta ás organizacións internacionais e a todas as partes interesadas nesta problemática -incluídas as organizacións de traballadores e empregadores competentes- a que presten apoio aos Gobernos que o solicitan na elaboración e aplicación das súas respostas á resiliencia das cadeas mundiais de subministración, unhas condicións de vida e de traballo a bordo en consonancia cos dereitos humanos da xente de mar.
Non é o primeiro caso, nin será o último desgraciadamente, da declaración de casos de coronavirus a bordo dun buque, tendo que acudir este a porto sen as máis mínimas garantías de control da expansión do virus tanto a bordo como, posteriormente, durante a corentena que se estableza, moitas veces de aplicación no espazo do mesmo buque e co consecuente risco de contaxio ou de indebido tratamento das infección.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.