“ Fauna humana”. José Manuel Pena

03 Decembro 2020


Alguén comentou, algunha vez e nalgún lugar, que o home é un animal de costumes. Cada mañá, case á mesma hora, atópome con ese pensionista que regresa á súa casa tras tomarse un café no bar de costume. Cunha das súas mans sempre dentro do peto do pantalón, mentres coa outra non para
de saudar a todas as persoas coas que se atopa no seu percorrido.
Como cada mañá tamén saúdo á viúva que regresa de comprar a prensa diaria. Antes de preparar o xantar ten tempo suficiente para empaparse da triste actualidade. Tamén me tropezo con esa persoa de mediana idade, que vive soa coa súa nai, que volve á casa coas compras cotiás. Algunha
que outra vez tamén se fai acompañar dalgún exemplar da prensa escrita.
Desde primeiras horas da mañá observo como os caixeiros automáticos dos bancos non pairan de funcionar. A primeiros e a finais de cada mes fórmanse colas para sacar diñeiro dos mesmos ou efectuar pagos puntuais. Logo no meu regreso ao fogar familiar, tras a xornada laboral, coincido cos últimos grupos de amigos, a maioría xubilados, que apuran os últimos momentos antes do xantar, para degustar as ricas tapas nalgunha tasca,
regadas con viños do país ou unha boa cervexa.
Tampouco falta o encontro con ese personaxe solitario e enigmático que non deixa pasar nin unha soa papeleira, da rúa peonil, sen revisar para poder levar aos beizos algunha cabicha.
Tampouco faltan ao meu encontro eses empregados de banca revisando os seus teléfonos móbiles #ante chegar a casa así como os grupos de mozos
que volven de regreso ás aulas. Todos nos atopamos, case diariamente, e podemos dicir que xa formamos parte da variada “fauna humana” desta pequena cidade.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...