Paco abandona o CD Boiro e ficha polo Vista Alegre Estudiantil

02 Decembro 2020
Imaxe das redes sociais do CD Boiro

Francisco Allo Perol, máis coñecido no mundo futbolístico como Paco, deixa o CD Boiro para fichar polo Vista Alegre Estudiantil. O defensa de A Baña disputou un total de cinco temporadas intercaladas nas filas boirenses. Chegou a Boiro na campaña 2013-2014 para marchar ó Céltiga no 2016 e volver ó CD Boiro no 2018, ata o día de hoxe.

Paco fichará polo Vista Alegre Estudiantil, da Terceira División. As incertezas sobre o inicio da competición na Preferente por mor da COVID-19, obrigou ao coruñés a tomar a decisión de fichar polo equipo compostelán, de superior categoría. O CD Boiro despediu ao xogador agradecéndolle “de maneira agarimosa a súa entrega neste tempo polo CD Boiro”. Ademais deixan a porta aberta á súa volta: “Esperamos que tan só sexa un ata logo. Paco sempre será un dos nosos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.