O comité decidiu intensificar o seguimento de Boiro. As áreas de Santiago e Ourense abandonan as restriccions duras. Este mércores coñeceranse as medidas

01 Decembro 2020

Pasadas as 22 horas o comité clínico comunicou que as restricións na améndoa formada por Santiago, Ames e Teo e as que conforman os municipios de Ourense, Barbadás e Pereiro de Aguiar e nos municipios da Estrada e Ares, deixarán de ter as restricións xerais do nivel 2.

O comité decidiu intensificar o seguimento dos concellos de Boiro, A Rúa, A Lama, Ordes e Cerceda. Este mércores daranse a coñecer o impacto concreto destas medidas e doutras que estaban sobre a mesa, entre elas as referidas ao sector da hostalería, o máis afectado pola implantación do coñecido como modelo Carballiño durante este mes naquelas zonas nas que a incidencia do covid-19 é maior e tamén nas grandes áreas urbanas de Galicia, nas que a alta mobilidade favorece mesmo máis a expansión do virus.

O panel de expertos que asesora sobre a pandemia debatía este martes o plan de desescalada para a hostalería, e sobre a mesa púxose a posibilidade dunha reapertura ata as 23 horas que comezaría este mesmo xoves naqueles municipios cunha incidencia acumulada próxima aos cen casos por cen mil habitantes. Ademais, o conselleiro de Sanidade non descartaba en declaracións á radio pública a posibilidade de que Galicia pechásese perimetralmente durante a ponte, unha opción que se discutiu durante a reunión do comité.

Esta desescalada, de dúas velocidades, marca diferenzas entre os municipios que teñen menos de 10.000 veciños e aqueles con unha poboación por encima desa cifra.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e da conselleira de Política Social, Fabiola García, participa por videoconferencia na reunión do comité clínico de expertos sanitarios.

O titular do Goberno galego reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.