Presentado en Corrubedo o equipamento de paneis que acompañan o Camiño a Santiago dende Barbanza

01 Decembro 2020

Este martes primeiro de decembro presentouse a carón do Faro de Corrubedo o primeiro conxunto de paneis do Camiño a Santiago dende o Barbanza, o itinerario xacobeo A Orixe. O acto celebrouse na contorna costeira máis situada ao oeste da comarca por ser este o lugar onde comeza o devandito Camiño. En concreto, vai dende Corrubedo até Santiago percorrendo os catro concellos da Mancomunidade Barbanza-Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo), para logo pasar por Dodro e ligar en Padrón con Camiño Portugués.

Esta presentación iniciouse coa intervención de Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade, para, a continuación, dar a palabra a Manuel Mariño e Manuel Antonio Villar, representantes da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago polo Barbanza.

A seguinte persoa en intervir foi Nava Castro, directora de Turismo de Galicia e o peche levouse a cabo a cargo de Manuel Ruiz, presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e alcalde de Ribeira.

Segundo fixeron saber, o percorrido barbanzán é froito “dun arduo traballo por parte do destino Barbanza-Arousa de definir un itinerario que acompañe por terra a traslatio e a Ruta Mar de Arousa Río Ulla”. A iniciativa, ademais, sitúa a nosa comarca como “a orixe da tradición xacobea posto que os restos do apóstolo chegaron a Galicia pola Ría de Arousa”, engadiron, lembrando a importante aposta da mancomunidade “polo desenvolvemento dunha oferta consolidada ao abeiro do Camiño de Santiago”, é por iso que dispón xa de catro portos xacobeos nos catro municipios do destino.

Segundo lembraron, a ruta transcorre ao longo de 120 km aproximadamente dividida en 6 etapas, da seguinte maneira:

· Corrubedo – Carreira (Ribeira).

· Carreira – A Pobra do Caramiñal (igrexa de Santa María A Antiga.

· A Pobra do Caramiñal – Cespón (Boiro).

· Cespón – Quintáns (Rianxo).

· Quintáns – Padrón (ligazón co Camiño Portugués),

· Padrón – Santiago de Compostela

Os paneis informativos

O fornecemento dos paneis turístico-informativos nos diferentes treitos deste percorrido, iniciativa presentada este martes, inclúe un mapa por etapas, os recursos próximos ao itinerario e tamén un código QR que se dirixe á páxina web de Barbanza Arousa na que xa se poden descargar os tracks e, en datas vindeiras, tamén un vídeo-mapping e toda a información necesaria para visitantes e peregrinos. Os paneis sitúanse en Corrubedo (Ribeira), Carreira (Ribeira), A Pobra do Caramiñal, Cespón (Boiro), Quintáns (Rianxo) e A Bacariza (Rianxo). Este equipamento foi posíbel grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da subvención para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos e tamén á colaboración do Concello de Dodro e da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...