
departamento de Servizos Sociais do Concello de Porto do Son organiza unha recollida de xoguetes con vistas ao Nadal. O obxectivo desta iniciativa é que ningunha nena ou neno do municipio quede sen agasallo nas próximas festas.
As familias máis necesitadas poderán inscribirse ata o día 4 de decembro a través dunha chamada telefónica ao 981 767 589. O Concello de Porto do Son explica que “ se poden doar xoguetes que non se utilicen, xa sexan libros, aparellos electrónicos ou complementos”. As entregas están abertas dende o 30 de novembro e poderán realizarse ata o 10 deste mes na Casa da Cultura, de 12:00 a 13:30.
As persoas que precisen máis información poden facelo a través do correo electrónico omix@portodoson.gal.



