O pintor Carlos José Barberi exhibe unha nova exposición en Ribeira

30 Novembro 2020

Carlos José Barberi, pintor arxentino afincado en Ribeira, expón 43 óleos e acuarelas de diferentes temáticas no Centro Cultural Lustres Rivas. A exhibición, que celebrou este último día de novembro a súa apertura nun acto exclusivo cos medios de comunicación, recibe o nome de Un Arxentino en Galicia.

O alcalde, Manuel Ruiz, e a Concelleira de Cultura, María Sampedro, interviron na inauguración da exposición, ademais do autor da propia mostra e o Olegario Sampedro. Este último foi quen explicou a mudanza do estilo de Barberi dende que se mudou a Ribeira: “ pasou de representar motivos ecuestres e caninos a outros nos que predominan estampas mariñas, gaivotas e paisaxes de Barbanza e do Courel”.

Barberi quedou abraiado con lugares como a igrexa de Abanqueira. É por iso que o alcalde sinalou que “o pintor soubo empaparse de belezas da terra que moitas veces por telas diante non sabemos ver ou transmitir aos demais”.

A mostra poderá ser visitada ata o 16 de xaneiro de 2021, cun horario de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 de luns a venres, e de 11:00 a 14:00 os sábados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.