Avanza a humanización do núcleo do Outeiro, en Porto do Son

27 Novembro 2020

O Concello de Porto do Son compartiu en imaxes os importantes avances do proxecto para a humanización do núcleo do Outeiro, unha contorna de gran importancia histórica cuxos valores están a ser destacados polos traballos de remodelación e acondicionamento, que se atopan na segunda fase do seu desenvolvemento.

As obras tamén se dirixen a incrementar a accesibilidade dos rueiros e camiños. O Concello engadiu que o proxecto atópase neste intre na súa recta final e que en breve chegarán as tarefas ao seu remate.

Esta iniciativa encádrase na estratexia do Goberno local para devolver espazos públicos aos viandantes, priorizando áreas peonís e mellorando a accesibilidade, uns obxectivos que tamén afectan á reforma da área portuaria de Porto do Son e, tamén, á Horta das Romeras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.