Comeza a renovación das pistas de skate da praza da Boqueira de A Negral (Boiro)

25 Novembro 2020

O Concello de Boiro comezou este mércores 25 as obras de mellora das pistas de skate localizadas na praza de A Boqueira de A Negral. A reparación realizarase de xeito progresivo con cada unha das partes do espazo deportivo.

A actuación constará dunha reparación integral da contorna para monopatíns: “É un espazo moi demandado pola mocidade”, xustifica Luís Ruiz, concelleiro de urbanismo e obra. Segundo engadiu, o visíbel deterioro da zona provocou que a renovación, xa programada polo Concello no pasado, se iniciara antes do previsto: “Levamos tempo traballando na busca de presupostos e estudando as mellores opcións para arranxar as pistas”, declara o concelleiro.

As obras teñen como data aproximada de finalización o mes de decembro, coincidindo coas vacación de Nadal. Actualmente as pistas de skate están precintadas para evitar o seu uso. Dende o Concello de Boiro rogan ós veciños “que non practiquen deporte no skatepark, xa que resultaría perigoso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...