Cen mulleres poderán participar en Boiro Emprega

24 Novembro 2020

O Concello de Boiro vén de recibir un importante apoio orzamentario para desenvolver o seu Plan Integral de Emprego 2020/2021, o programa Boiro Emprega, unha iniciativa que irá destinada a mulleres da comarca do Barbanza en situación de desemprego e inscritas como demandantes dun posto de traballo.

O programa Boiro Emprega está destinado este ano exclusivamente a mulleres, en total van participar 100 usuarias en accións formativas para lograr unha saía profesional axeitada ás súas características e obxectivos individuais. Entre os itinerarios que se ofertan están o de turismo, administración e xestión, industria alimentaria de produción e envasado.

Ademais destes módulos específicos, inclúe “formación transversal en dous eixos, para unha correcta inserción laboral e como complemento da oferta formativa dos diferentes itinerarios”, explicou o Concello, engadindo que as usuarias participantes van recibir tamén obradoiros para a mellora de habilidades necesarias para o emprego.

O prazo de inscrición está aberto e as persoas interesadas en participar deben acudir á oficina de emprego e solicitar que lle asignen o código 930, ou contactar directamente co programa Boiro Emprega no enderezo electrónico orientadorapie@boiro.gal ou prospectorpie@boiro.gal ou nos teléfonos de contacto 659 247 963 ou 650 042 409.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.