Galicia aumenta a 640 os positivos. Ribeira segue en nivel 3 e o cribado acudiu un 71%.

14 Novembro 2020

Galicia notifica 640 positivos por coronavirus en 24 horas, o que implica unha lixeira subida de 15 con respecto aos 625 de hai un día.

Baixan os positivos diarios a área sanitaria da Coruña-Cee, ata 103 (-8); a de Santiago-Barbanza, cunha importante caída ata os 52 (-43); e a de Pontevedra-O Salnés, con 64 novos contagios (-1).

Das PCR realizadas tan soa a área de Santiago-Barbanza, cun 2,2% de positividade, sitúase por baixo do limiar do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde.

En Ribeira seguiu o cribado da poboacións. Asi dos citados 723 acudiron 510 o que supón un 70,54 % de participación. Na xornada de onte venres no computo total do día acudiron 910 pacientes o que supón a porcentaxe total de asistencia do día: 63,32%.

Mañá seguirá o cribado na Lonxa de Ribeira a onde serán citados por móbil novos veciños.

Na comarca a capital do barbanza segue ne nivel 3, en nivel dous están O Son e Boiro, no nivel 1 Noia e Outes e o resto da comarca en nivel 0.

De acordo cos datos que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, xunto ao área sanitaria de Lugo tamén experimentan ascensos, aínda que máis moderados, a área de Ferrol, con 50 novos infectados nun día (+4), e a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 43 (+9). Con todo, estas dúas son as zonas que menos novos contagios reportan este sábado.

Ademais, a web de Sanidade recolle que ata a data realizáronse en Galicia 789.671 PCR, o que implica que en 24 horas fixéronse 9.003 probas, unhas 700 máis que as da xornada anterior.

De todas as novas PCR realizadas, o 7,3% arroxaron un resultado positivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.