Obaixoulla.gal celebra nas redes o Día Mundial do Patrimonio

13 Novembro 2020

Con motivo da celebración do Día Mundial do Patrimonio, o 16 de novembro, máis de cen entidades mobilizaranse na Rede, virtualmente, para dar visibilidade ao seu compromiso cos múltiples e diversos tesouros históricos da nosa terra. Desde o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. Por exemplo as contribucións do proxecto colaborativo Obaixoulla.gal, impulsado pola Asociación Cultural Os Penoucos, que achega unha campaña de divulgación do patrimonio a través das redes sociais, patrimonio que abrangue importantes elementos históricos dos concellos de Dodro, Rianxo, Catoira e Pontecesures, entre outros.

Este sábado e domingo, sen ir máis lonxe, a asociación fai un chamamento a “a todas as persoas que o desexen” a que publiquen as súas fotos, vídeos e contidos co cancelo #PatrimonioDoBaixoUlla para, deste xeito, mostrar ao mundo o patrimonio das terras que acompañan ao río Ulla no seu último treito até chegar ao mar. Trátase de tesouros dos concellos de Catoira (San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira, San Pedro de Dimo e Santa Baia de Oeste), Dodro (Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño), Padrón (San Pedro de Carcacía, Santiago de Padrón, Santa María de Iria Flavia, Santa María de Cruces e Santa María de Herbón), Pontecesures (San Xulián de Requeixo), Rianxo (Santa María de Asados, Santa Baia do Araño, Santa María de Isorna e Santa María de Leiro), Valga (Santa Cristina de Campaña, San Miguel de Valga, Santa María de Xanza, San Salvador de Setecoros e Santa Comba de Cordeiro) e Vilagarcía de Arousa (San Xens de Bamio).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.