Falecen 4 persoas con infección por coronavirus en Santiago. Trátase dun
home de 86 anos, ingresado no Hospital HM La Rosaleda (procedente da Residencia Santa Olalla de Boqueixón), unha muller de 96 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Santiago.
Tamén morreu un home de 87 anos, ingresado no CHUS (procedente da Residencia Santa Olalla de Boqueixón) e unha muller de 105 anos, ingresada no CHUS (procedente da Residencia Santa Olalla de Boqueixón).
Todos tiñan patoloxías previas. Con estas vítimas elevanse a 154 os mortos por Covid-19 na área sanitaria de Santiago-Barbanza.
A cidadanía de Ribeira coñeceu as vantaxes da compostaxe doméstica e comunitaria mediante un coloquio
Un nutrido grupo de veciños e veciñas de Ribeira asistiron nesta semana a unha charla organizada polo Concello baixo o título Compostaxe doméstica e comunitaria; unha actividade para amosar as vantaxes desta metodoloxía e os dous modelos para reducir o peso da...



