Desde as cero horas do sábado entran en vigor as novas restricións en 60 concellos, ningún do Barbanza

06 Novembro 2020

Á marxe do peche da hostalería en 60 concellos, a delimitación de améndoas de circulación restrinxida na contorna das cidades e os municipios máis afectados ou o toque de queda a partir das doce hai un bo número de medidas que regulan o que se poderá facer e o que non en Galicia desde as 00.00 do sábado ata o 7 de decembro.

Nestas zonas establecese un peche perimetral e contarán como un único territorio, podendo os seus habitantes desprazarse entre os seus municipios sen causa xustificada. Ademais, tamén se engaden unha serie de concellos onde a incidencia é moi alta. A lista é a seguinte:

  • Vigo e a súa área: Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño y Gondomar.
  • Pontevedra e a súa área: Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro y Poio.
  • A Coruña e a súa área: A Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros y Cambre.
  • Ferrol e a súa área: Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene y Mugardos.
  • Ourense e a súa área: Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas y Toén.
  • Santiago de Compostela e a súa área: Santiago, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra y Vedra.
  • Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa y Cambados formando unha unidade.
  • Lalín, Silleda y A Estrada formando unidade.
  • Lugo.
  • Viveiro.
  • Burela.
  • Monforte de Lemos.
  • Vimianzo.
  • Xinzo de Limia.
  • Cangas.
  • Ponteareas.
  • Tui.
  • O Grove.
  • O Carballiño.
  • Verín

A Cámara de Comercio de Santiago publicou a “Guía resumo de todas as novidades introducidas polo Real Decreto 179/2020 que entrará en vigor ás 00:00 h do 7 de novembro” con toda a información actualizada na web www.camaracompostela.com

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...