Santiago, Ames e Teo e outros concellos galegos seguirán bloqueados pola covid

03 Novembro 2020

Pasadas as 22:30 da noite deste martes acabou a reunión do Comité clínico, que decidiu a continuidade das restricións acordadas a semana pasada, basicamente os peches perimetrais de varios municipios galegos, entre eles Santiago, Ames e Teo. Lembremos que o venres pasado, día 30 de outubro, a Consellería de Sanidade ordenou o peche perimetral nas sete principais cidades galegas e determinados concellos fronteirizos, como consecuencia do empeoramento da pandemia do covid-19 e particularmente polo Día de Todos os Santos, restrinxindo ademais as reunións, só posibles entre os conviventes destes concellos.

Os residentes das zonas afectadas só poderán reunirse cos seus conviventes, tanto en espazos públicos como privados, sen importar que estean no nivel dous ou tres de alerta preventiva. En días futuros, as autoridades sanitarias valorán a evolución dos contaxios e avaliar unha posible diminución das restricións.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...