Calendario laboral de 2021, en Galicia será festivo o Día do Pai e o Día das Letras

02 Novembro 2020

O calendario laboral de 2021 recolle un total de 11 días festivos nacionais, dous menos que en 2020, dos que só 8 celebraranse de forma conxunta en toda España, o mesmo número que este ano, segundo a resolución da Dirección Xeral de Traballo publicada este luns no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Os 8 festivos nacionais que serán festa en toda España son: o venres 1 de xaneiro (Ano Novo), o venres 2 de abril (Venres Santo), o sábado 1 de maio (Festa do Traballo), o martes 12 de outubro (Festa Nacional de España), o luns 1 de novembro (Todos os Santos), o luns 6 de decembro (Día da Constitución Española), o mércores 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e o sábado 25 de decembro (Natividade do Señor).

Noutros tres festivos comúns, o mércores 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), o xoves 1 de abril (xoves santo) as comunidades autónomas poden desprazar a celebración se ben manteranse en Galicia.
Hai que lembrar que cada concello dispón de dous días propios para sinalar as súas festividades locais. A autonomía ten tamén dúas, que serán o Día dás Letras Galegas, 17 de maio e San Xosé, 19 de marzo, o caer o 25 de xullo Día de Galicia en domingo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.