En Rianxo un incendio nun caseto con apeiros sáldase cunha persoa ferida

01 Novembro 2020
En Rianxo incendio nun caseto con apeiros. cedida

Pasados dez minutos das 12:30 horas deste mediodía, un particular chamou ao 112 Galicia para informar do incendio. Indicaba que ardía un caseto que almacenaba apeiros e outros obxectos.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Boiro e á Policía Local. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil da localidade que nada máis chegar ao punto, solicitaron aos xestores de emerxencias unha ambulancia, posto que, unha persoa sufrira queimaduras importantes. Deste xeito, pasouse aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Aínda que os Bombeiros continúan traballando no lugar, aseguraron que o lume está controlado. Ardeu o interior do alpendre.

En Rianxo incendio nun caseto con apeiros. cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.