A fiscalia pide catro anos para dous veciños de Ribeira e A Pobra por tráfico de drogas

30 Outubro 2020

Un veciño de Ribeira e outro da Pobra comparecerán o día 6 de novembro como acusados na Audiencia Provincial para responder por delitos de tráfico de estupefacientes, polos que o Ministerio Fiscal solicita catro anos de cárcere para cada un deles.

Ambos os xuízos celebraranse a próxima semana, e no primeiro xulgarase a un ribeirense que o 13 de setembro do 2018 foi sorprendido pola Policía Nacional cando circulaba pola avenida do Malecón.Tras rexistrarlle o seu vehículo, localizáronse 15 bolsitas con 2,2 gramos de cocaína, 18 dose con 2,3 de heroína, un teléfono móbil e 382 euros en metálico. O valor da mercadoría no mercado podería roldar os 1.000 euros.

Na outra vista xulgarase como posible autor dun delito contra a saúde pública a un pobrense o que Garda Civil de Boiro atopou 21 bolsitas de cocaína cun peso de 3,35 gramos, así como unha balanza de precisión, un caderno de anotacións e 980 euros procedentes da venda de drogas a terceiros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...