En Ribeira debut literario de Emilio Vázquez con”50 anos de mentiras”

24 Outubro 2020

O santiagués Emilio Vázquez Fernández fixo na noite pasada no Centro Cultural Lustres Rivas o seu debut literario presentando a súa obra “50 años de mentiras”, publicado polo selo Letrame Editorial.

Sinatura de libros do santiagués Emilio Vázquez Fernández

No acto estivo acompañado pola concelleira de Cultura de Ribeira María Sampedro, e pola responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, ante un público no que se respectaron as novas limiracións de aforo, non excedendo as trinta persoas.
Emilio Vázquez (residente en Escarabote e que traballa como axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira) explicou que escribiu este libro durante o período de confinamento con motivo do Estado de Alarma e destacou a súa variedade temática. Neste senso, a obra combina poesías, pequenos relatos e reflexións sobre a natureza humana ao longo de 96 páxinas.
María Sampedro animou ao autor a publicar un segundo libro e subliñou a casualidade de que na sala museo municipal de Ribeira se está acoller unha exposición con fotografías creadas tamén durante o Estado de Alarma: “Unha familia” de Ana Crujeiros que se pode visitar ata o 10 de decembro.
O acto de onte concluíu coa firma de exemplares do seu libro polo autor.

Interneción do santiagués Emilio Vázquez Fernández

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.