O Consistorio de Ribeira iluminarase de cor laranxa para visibilizar o trastorno TDAH

23 Outubro 2020
Acto TDAH Ribeira

A praza do Concello serviu de escenario este mediodía para a lectura dun manifesto institucional coa fin de dar visibilidade ao Trastorno de Déficit de
Atención e Hiperactividade.
Así, ante a presenza de veciños e representantes dos distintos grupos da Corporación , unha representante da delegación en Barbanza da Asociación TDAH Salnés, Rebeca Cameán, deu lectura ao citado manifesto coincidindo coa celebración da Semana de Visibilización do TDAH, que este ano ten lugar baixo o eslogan “Hacer visible lo invisible”. Cameán agradeceu o Concello o feito de poñer a súa disposición unha oficina en Aguiño (situada na Casa de Cultura Manuel Ayaso) para servir de sede para as súas iniciativas.

Acto TDAH Ribeira

Ademais, a partir desta medianoite e ata o vindeiro 27 de outubro (no
que se conmemora por terceira vez o Día Nacional do TDAH,
instaurado pola Federación Española de Asociaciones de Ayuda al
Déficit de Atención e Hiperactividad) a fachada da Casa Consistorial de Ribeira vaise iluminar polas noites dun simbólico cor laranxa para
facer partícipe á sociedade sobre a existencia deste trastorno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.