Ribeira implantará dous centros de compostaxe comunitario e 85 en vivendas

23 Outubro 2020

O Concello de Ribeira vén de dar luz verde a instalación de dous centros de tratamento comunitario para o tratamento in situ de biorresiduos no casco urbano, así como 85 composteiros domésticos para o tratamento de biorresiduos en vivendas.
Máis concretamente, as dúas áreas de compostaxe estarán localizadas en sendas parcelas situadas nas inmediacións do barrio de Abesadas e da avenida das Airós. O propósito é que reciban a fracción de residuos orgánicos dos domicilios nun radio de 500 metros. Tamén se empregarán restos de desbroces, podas e céspede tanto das hortas e xardíns de propiedades particulares como os procedentes dos parques e xardíns municipais no radio de afección do centro de tratamento comunitario: este material residual procedente de parques e xardíns empregarase como material estruturante.

O proxecto tamén inclúe a compostaxe doméstica en 85 vivendas, tanto do núcleo urbano como do resto de parroquias, que dispoñan de terreo para a instalación dun composteiro e reutilización do compost producido. Así, distribuirase entre os veciños participantes os materiais necesarios (compostador, aireador, etc.) e impartiráselle a formación adecuada para a elaboración do compost a partir da fracción orgánica xerada nos seus domicilios e que empregarán como no propio xardín ou horta particular.
Para a execución do proxecto solicitouse unha subvención á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de
concorrencia competitiva para os anos 2020-2021. Segundo a resolución recibira, o Concello recibirá unha achega de 59.998,60 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.