Na Pobra o Elma albergará dous espectáculos para a dinamización lingüística

22 Outubro 2020

No mes de novembro transcorrerán no Elma dúas actividades enmarcadas no programa de dinamización lingüística FalaRedes 2020 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL). Así o deron a coñecer esta mesma tarde o concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG), e a técnica do referido servizo, Paula Alexandre Teixeiro.

FalaRedes 2020

O edil encargouse de debulla-lo contido de ámbalas citas, ademais dos seus
obxectivos: fomenta-lo uso da lingua galega, especialmente, entre a mocidade; dar a coñece-la tradición oral; e pasar tempo de lecer.
O espectáculo Contos no Camiño chega ao teatro cine Elma no 1 de novembro, ás 18.30 horas, e consiste nunha función de narrativa oral “de primeiro nivel”, onde tres contadores e contadoras galegas -Xurxo Souto, Beatriz Campos e Quico Cadaval- comparten escenario cun guión inspirado no Camiño de Santiago, baseado en lendas e historias singulares, sen esquece-lo humor.
Por outra banda, a compañía A Cova das Letras traerá ás 18.30 horas do 19 de novembro, tamén no Elma, o espectáculo Polo Camiño, contos da feira, unha proposta para a cal se empregan títeres de luva e de táboa e que se basea na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares para narra-la historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes que, cos seus contos e cantos, fan voa-la imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.
Pola súa banda, a técnica do Servizo de Normalización Lingüística (SNL)
apuntou que, dende que o Concello se adherise á Rede de Dinamización
Lingüística (RDL), estes son o quinto e sexto eventos que se realizan en
colaboración coa Xunta neste eido. Así mesmo, indicou que estes actos se
atopan estreitamente ligados á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero, e que a Real Academia Galega (RAG) adiou a súa parte presencial ata o día 31 de outubro por mor da situación derivada do coronavirus.
As actividades son de balde e aptas para tódolos públicos. Seguiranse as
medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da entrada a través do teléfono de contacto 676666263, ben sexa
chamando ou por whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do
propio día dos eventos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.