En obras un novo tramo de beirarrúas do Polígono de Xarás en Ribeira

20 Outubro 2020

O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación consistente na pavimentación dun novo tramo de vial e beirarrúas dunha zona do polígono industrial de Xarás coa fin de incrementar a seguridade viaria.
A zona onde se centra a actuación tiña beirarrúas construídas en formigón en masa bastante deterioradas, ao igual que a calzada. Por tal motivo, os servizos técnicos elaboraron un proxecto técnico que inclúe a pavimentación das beirarrúas mencionadas cunha capa de formigón de 15 centímetros de espesor cun mallazo de 15×15 centímetros de 6 milímetros de diámetro, en tanto que a calzada será asfaltada con aglomerado en quente. Os traballos concluirán co pintado do vial.
Achega
A empresa adxudicataria é Construcciones Ponciano Nieto, S.L.. O investimento ascende a 82.980 euros, IVE incluído, e conta cunha
subvención polo 80% da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a habilitación e mellora de infraestruturas para parques empresariais. O prazo de execución son catro meses.

Obras en Xarás Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.