Chamamento á veciñanza do Son para facer que o concello avance en sustentabilidade

20 Outubro 2020

O Concello de Porto do Son habilitou un apartado online na súa web para canalizar o participación cidadá arredor dos obxectivos do Pacto dos Alcaldes para o Clima e o Enerxía, facéndose un chamamento á veciñanza para achegar as súas opinións, suxestións e contribucións con vistas a acadar un municipio o máis sustentábel e respectuoso co medio ambiente posíbel. Na canle en cuestión podemos atopar material en formato PDF sobre a proposta do Pacto e a nota PACES do Concello, entre outros materiais.

A iniciativa de participación ten a súa orixe na adhesión do Concello á devandita alianza local a prol do clima, unha adhesión formalizada en 2019 e mediante a cal Porto do Son comprometeuse “a actuar para acadar o obxectivo da Unión Europea de reducir os gases de efecto invernadoiro, así como promover a adopción de medidas conxuntas para a atenuación do cambio climático e a adaptación a este”. En concreto na integración no Pacto especifícanse estes puntos:

✅ Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030

✅ Aumenta a eficiencia enerxética un 27%

✅ Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovábeis un 27%

✅ Elaborar un Inventario de Emisións de Referencia

✅ Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático

✅ Presentar o Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES)

✅ Presentar un informe de seguimento a lo menos cada dous anos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.