Avanza o curso de formación Lousame-Noia con 20 alumnos

19 Outubro 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitaron aos alumnos do obradoiro de emprego Lousame-Noia 2019 que están rematando a súa formación na súa primeira visita oficial a este Concello. En Lousame estase a impartir un curso de formación para 20 alumnos en aproveitamentos forestais A Xunta inviste neste curso máis de 480.000 euros.
No caso concreto desta especialidade os alumnos están levando a cabo actuacións nas parcelas da Silva, Aldeagrande, Bouciñas-Brandía, San Lourenco-San Mamede en Lousame e no polígono de Noia.
Este ano, os obradoiros que deberían estar rematados en xuño, tras a súa paralización polo confinamento, afrontan agora a súa etapa final de formación que rematarán a finais de ano.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitaron aos alumnos do obradoiro de emprego Lousame-Noia 2019

Na comarca do Barbanza estanse levando a cabo un total de 5 talleres, 3 deles de carácter dual, (onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade) e 2 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade está investindo en políticas activas de emprego na comarca máis de 1.500.000 euros.
Os obradoiros duais teñen lugar en Lousame, compartido con Noia en Rianxo e en Ribeira.
Pola súa banda, os obradoiros do garantía xuvenil, estanse impartindo en Muros, compartido con Carnota e no concello de Boiro.
Estes obradoiros están permitindo que un total de 82 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.
A principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais poden combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial ecunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.
Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.