Os Vermús Musicais chegan por cuarto ano consecutivo aos concellos de Arousa Norte

01 Agosto 2019

20190801. Este verán chega a cuarta edición dos Vermús Musicais aos catro concellos que conforman Arousa Norte. Desta maneira, os diversos emprazamentos da comarca vibrarán ao son de estilos para tódolos gustos coma soul, piano contemporáneo, rock-pop, swing-jazz, clásico e blues-rock. Os grupos e artistas participantes son Trío Bravo, Aida Saco Beiroa, Pardo, Narci Rodríguez, Mijail Moriatov, Black Stereo, Resaca Brothers e a xa habitual Nastasia Zürcher.

Estes concertos na rúa celebraranse os domingos desde o 4 de agosto ao 1 de setembro nos catro municipios e de xeito simultáneo a partir das 13.00 horas.

No acto de presentación, a xerente da Mancomunidade Arousa Norte, Maruxa Ledo, sinalou que “para nós é un dos proxectos máis importantes porque  se está consolidando e conta co apoio e o respaldo de toda a poboación dos catro concellos e tamén da Mancomunidade.” Así, considera que forma parte da axenda anual de eventos estables que queren conformar de carácter cultural e de turismo cultural para Arousa Norte, permitindo ofrecer unha programación alternativa.

Pola súa parte, Suso Santamaría, propietario do local boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria, explicou que con esta cita “facemos unha recuperación dunha tradición xa perdida que eran as sesión vermús que había xa hai 20 anos.” Tamén manifestou que o horario escolleito posibilita a conciliación familiar e permite que se poidan achegar turistas e persoas que a outras horas lles resultaría impracticable. Así mesmo, apuntou que sempre tentan xuntar a xente de Galicia e de fóra, pois “gústanos que se mesturen porque sempre saen boas cousas de aí.” Ademais, o hostaleiro indicou que hai cinco anos se fixo un piloto desta cita.

Na súa intervención, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, puntualizou que este evento é un atractivo máis da comarca, así que “a xente que veña os domingos a desfrutar a cada un dos concellos sabe que hai un espazo, normalmente céntrico, para encontrarse coa música.” Trátase así dunha actividade que complementa a outras, pero cun aire propio. Por último, precisou que entende que a comarca debe singularizarse pola aposta polo turismo cultural, sendo esta cita un elemento fundamental que chegou para quedarse, polo que “a parte musical e a parte cultural é outro dos referentes polo que nos queremos sinalar en Arousa Norte.”

O remate do acto de presentación estivo amenizado polo artista ribeirense Nando, coñecido artisticamente como Chamaquito Pistolas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...