Sanidade anuncia o remate da primeira fase das obras no Hospital da Barbanza

01 Agosto 2019

20190801. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou que, nas vindeiras semanas, poderá estar en funcionamento unha parte do novo Servizo de Urxencias do Hospital da Barbanza. Almuiña visitou hoxe o centro sanitario para coñecer o desenvolvemento desta primeira fase das obras de ampliación da área de Urxencias, que está a piques de rematar.

Nesta primeira fase, os traballos consistiron nun crecemento das urxencias ocupando o espazo anteriormente utilizado como acceso único, así como da execución da cuberta da zona de ampliación. Nesta zona distribúense os novos accesos diferenciados para padiolas e público, zona de espera de familiares e de pacientes, zona de admisión, dúas consultas, e unha zona para padiolas e cadeiras de rodas.

A ampliación da área de Urxencias deste hospital conta cun orzamento de 1’6 millóns de euros. A obra permitirá contar cunha superficie construída de 1.097’70  metros cadrados, dos cales 806’30 serían útiles. Unha vez se execute esta intervención, poderase incrementar a actual dispoñibilidade de camas de observación na área de Urxencias do Hospital, tendo en conta a demanda de dito servizo, para facilitar a actividade dos profesionais e en beneficio dos pacientes.

A actuación suporá un  novo esquema funcional por bandas que consta de dous accesos diferenciados, o acceso principal de urxencias e outro acceso exclusivo para  padiolas, con circulacións separadas.

A zona máis ambulatoria queda situada cara o acceso principal na fachada leste, mentres que a zona de boxes lévase cara a área máis privada na fachada oeste. A sala de observación, con máis de 100 metros cadrados, xunto co control de enfermería, queda no centro da nova área, de maneira que funcione como centro neurálxico, limitando as circulacións e mantendo un control total de todo o conxunto.

Ademais, para  garantir a  estanquidade e comportamento térmico de todo o conxunto, substituirase a impermeabilización da cuberta  orixinal  e  executarase  unha  nova solución de  cuberta para toda a actuación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.