En Palmeira detido un veciño positivo en alcolemia

10 Outubro 2020

Un veciño de Palmeira de 49 anos foi detido por un delito contra a se guridade viaria.

Ás 17.45 horas de onte, a Policía Local de Ribeira recibiu unha chamada telefónica alertando que, no porto de Palmeira, o condutor dun Volkswagen Golf estaba circulando de maneira temeraria, aparentemente ebrio, e insultando á xente. Ata alí se desprazou unha patrulla e, cando lle dou alto ao condutor, este escapou.

Na fuxida puxo en perigo a varios vehículos que tiveron que apartarse ata que a policía logrou acorralalo na rúa onde ten o seu domicilio. A proba de alcolemia arroxou un resultado de 1,33 e 1,29 mg/l.Ademais, constatouse que tiña suspendido o permiso de conducir cauterlamente pola autoridade xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.