Galicia rexistra hoxe tres novos falecidos da Covid-19. Son xa 776 as vítimas. Baixan os positivos en colexios

08 Outubro 2020

Galicia rexistrou nas últimas horas a morte de tres persoas pola Covid-19 Trátase dunha muller de 96 anos do Concello de Oleiros, un home de 61 anos falecido no hospital Montecelo (CHOP), veciño de Vilanova de Arousa e un home de 57 anos, que estaba ingreso no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. As mortes elevan a 776 as vítimas na comunidade galega.

Na área sanitaria de Santiago-Barbanza hao 545 casos activos, un máis que onte. Os hospitalizados baixan a 26 no Hospital Clínico de Santiago (5 deles en Unidades de Críticos). Os pacientes curados suman 3.416 e as PCR realizadas 82.607.

Respecto ás altas de tres alumnos do Castelao e A Cachada baixan a 9 os centros con casos da Covid-19 na comarca do Barbanza. O centro con máis estudantes positivos é o instituto rianxeiro Félix Muriel, con dous, mentras que cun caso están os colexios Santa Baia de Boiro e Cespón, no IES Espiñeira, no colexio Galaxia de Ribeira e no María Assumpta de Noia.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.083, deles 784 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.148 da de Ourense, 613 da de Pontevedra, 408 da área de Vigo, 545 da de Santiago, e 102 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 3.861 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.860 persoas curadas, rexistrándose 774 falecementos. O número de PCR realizadas é de 531.410. 

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...