A Pobra contará con composteiros domésticos e comunitarios

07 Outubro 2020
A Pobra contará con composteiros domésticos e comunitarios

Este ano implantaranse por vez primeira no concello da Pobra do Caramiñal 50 composteiros domésticos e 3 comunitarios, despois de que en 2019 a Administración local resultase beneficiaria dunha subvención de 14020’26 euros por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Así o anunciaron este mediodía o alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, e a técnica municipal desta área, Beatriz González.
Neste senso, seleccionaranse 50 vivendas para a instalación de composteiros domésticos (tomándose a parroquia do Xobre como punto de partida deste proxecto piloto) e 3 espazos públicos para os comunitarios.
En canto á veciñanza do Xobre que desexe participar de xeito voluntario, o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto durante un mes, formalizándose a través do rexistro, preferiblemente, o telemático. Entre os requisitos figuran dispor dunha área exterior (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados, e que ese terreo pertenza ao domicilio habitual.
Os requisitos de selección son os seguintes: número de persoas que residen no domicilio habitual (1 punto para domicilios con 3 residentes ou menos, 2 puntos para domicilios con 4 ou 5 residentes, e 3 puntos para domicilios de 6 ou máis residentes); que sexa vivenda habitual (darase 1 punto en caso afirmativo); que se resida no Xobre (darase 1 punto en caso afirmativo e este criterio responde á elección desta zona no proxecto piloto, pero non é excluínte para outros lugares); e no caso de empate resolverase por un sorteo. Ademais, a persoa solicitante comprométese, de ser elixida, a segui-las pautas marcadas polo programa de compostaxe doméstica de biorresiduos do Concello, así como a asistir ao curso preparatorio de compostaxe e a facilita-lo seguimento do proceso no seu domicilio.
Por outra banda, os composteiros comunitarios contarán cunha valla
delimitadora, estruturas no interior e cartel explicativo, ademais de que non supoñen unha fonte xeradora de malos cheiros nin de pragas, pois estarán controlados pola brigada municipal, ademais de contar coa colaboración cidadá.
Para poder facer uso, a veciñanza terá a oportunidade de requiri-la súa
participación nesta outra alternativa (especialmente dirixida a quen vive en pisos ou casas sen terreo) e o proceso será semellante para o dos domésticos. O depósito realizarase cun recipiente facilitado pola Administración local a aquelas persoas que resultasen escollidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.