Catro novas vitimas nesta xornada da COVID-19, elevan a 769 os mortos en Galicia. Unha delas é unha muller de 87 anos que estaba ingresada no CHUS

06 Outubro 2020

Galicia rexistrou catro novas mortes con coronavirus na xornada deste martes, de forma que o total de vítimas da pandemia elevase ata as 769.

O SERGAS informa que unha desas vitimas faleceu era unha muller ingresada no Complexo Hospitalario de Santiago. A paciente estaba infectada de COVID-19, tiña 87 anos e tiña patroloxías previas.

Na área sanitaria Santiago- Barbanza hai 527 casos activos, un menos que onte. Hospitalizados hai 31 hospitalizados no Hospital Clínico de Santiago, tres menos que onte (5 deles en Unidades de Críticos). Pacientes curados 3.351 e realizaronse PCR realizadas 80.541

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.119, deles 818 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 1.084 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 412 da área de Vigo, 527 da de Santiago, e 118 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 199 en unidades de hospitalización e 3.885 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.344 persoas curadas, rexistrándose 769 falecementos. O número de PCR realizadas é de 515.983.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...