O BNG conmemora este venres o 700 aniversario da muralla de Noia

06 Outubro 2020

O Bloque Nacionalista Galego vai conmemorar, este venres 9 de outubro, o 700 aniversario da muralla de Noia. A cita será ás 20.30 horas no edificio do Casino. A celebración organizada polos nacionalistas terá un carácter divulgativo e contará coas as intervencións de Manuela Pérez e Lola Gil, autoras do estudo arqueohistórico incluído no Plan Especial de protección e reforma interior do Casco Histórico; Ana Isabel Filgueiras, arqueóloga da Oficina de rehabilitación do Casco Histórico; e de Rosana Pérez, deputada do BNG no Parlamento Galego.

O acto contará cun aforo limitado e as pertinentes medidas sanitarias, mais tamén, segundo informa o BNG, poderase seguir a través da rede social Facebook en directo, a través da canle propia da formación noiesa. Para asistir a dito acto é requirida unha reserva para un máximo de dúas prazas por solicitude deixando nome e apelidos, a reserva pódese facer a través do enderezo electrónico noia@bng.gal.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.