Chega este venres a Muros o ciclo Onde están as mulleres da cultura?

05 Outubro 2020

O ciclo de faladoiros Onde están as mulleres da cultura?, que busca reivindicar a creatividade (e a súa presenza nos medios e nas redes) dende unha óptica feminina, chegará a Muros este venres 9 de outubro. Este venres, polo tanto, celebrarase a primeira sesión da axenda da man de Olga Osorio, directora de cine, Lula Goce, artista visual e Paula Rego, baterista, coa xornalista Belén Regueira en labores de condutora do evento.

O ciclo constará de dúas sesións baseadas nas carreiras de profesionais que traballan en eidos da cultura onde “a muller está infrarrepresentada”, sinala a organización da actividade, que pon como exemplos desta invisibilidade a literatura, as artes plásticas, o teatro, a música ou o audiovisual. Tras unha primeira charla de cada unha das participantes, abrirase un posterior debate común acerca de como están a vivir a súa produción artística no contexto sociosanitario actual.

A segunda sesión, o día 16 de outubro, contará coa presenza da escritora Eli Ríos, a actriz e directora de teatro Iria Pinheiro e a artista plástica muradana Carmen Senande. Marta Gómez, recoñecida xornalista e directora do ZigZag da TVG, será a encargada de conducir o evento.

O programa vén da man do Concello de Muros e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.