A Policía Local de Ribeira vén de abrir dilixencias para un xuízo rápido por un delicto contra a seguridade viaria a unha muller que deu positivo por alcolemia tras ser interceptada no alto da Mámoa.
Así, segundo informa a Policía Local, a incidencia tivo lugar hoxe
sábados ás 14.45 horas logo de que outro condutor que circulaba
detrás alertase de que a persoa en cuestión ía dando bandazos pola
vía. As probas deron 0,99 e 1,04 mg/l.
O MUGART contribúe cos seus fondos á mostra “Dante Dalí”, no Museo do Mar de Vigo
O Museo do Mar de Vigo acolleu este 1 de outubro a inauguración da exposición Dante Dalí, composta por un cento de gravados realizados por Salvador Dalí para unha edición especial de A Divina Comedia, de Dante Alighieri, publicada entre 1960 e 1964 en seis volumes. A...



