En Ribeira cadros de Luis H. Hernández no Lustres Rivas

03 Outubro 2020
O autor Luis H. Hernández no Lustres Rivas

Ante unha trintena de persoas tivo lugar na noite de onte a inauguración da nova exposición do Centro Cultural Lustres Rivas que, baixo o título de “Realismo Maquinismo Máxico e a súa vista ao redor”, está composta por unha vintena de óleos de Luis H. Hernández: artista nado en Barcelona e
residente en Salamanca que tivo a ben acudir a un acto que contou
tamén coas intervención do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a
concelleira de Cultura María Sampedro.
Luis Hernández —quen tiña exposto con anterioridade en cidades
como Barcelona, Cáceres, Madrid ou Valladolid— explicou que a
colección comprende unha colección de traballos compostos nos
últimos doce anos e nos que predominan o estilo surrealista, aínda
que non exento de matices costumbristas. Así, mesmo agradeceu a
oportunidade de poder expoñelos en Ribeira e amosou o seu desexo
de que moita xente acuda a visitalos.
Pola súa parte, o alcalde loou a calidade da colección que mesmo foi
refrendada polo pintor surrealista por antonomasia do noso municipio,
como é Manuel Ayaso, presente no acto inaugural. Tamén María
Sampedro significou a impronta manifesta de autores como Salvador
Dalí e avanzou que o autor doará ao Concello unha das súas obras,
aínda en proceso de creación.
A mostra estará aberta ata o 31 de outubro. Pode ser visitada de luns
a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 e de
19 a 21 horas. A entrada é gratuíta.

O autor Luis H. Hernández no Lustres Rivas

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...