No Son instalado un ascensor no CEIP Santa Irene

03 Outubro 2020
GONZALO TRENOR DESTACA O INVESTIMENTO DE MÁIS DE 50.000€ NA INSTALACIÓN DUN ASCENSOR NO CEIP SANTA IRENE PARA MELLORAR A SÚA ACCESIBILDADE

O novo delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o CEIP Santa Irene, acompañado polo alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, para comprobar o resultado das obras da instalación dun ascensor para
prestar servizo a toda a comunidade educativa e especialmente aos alumnos con mobilidade reducida. Esta actuación garante aos usuarios a accesibilidade a todas as plantas do centro.
O ascensor tivo un custo de máis de 50.000 e cubre o total das alturas do edificio- A esta inversión, xa rematada, se unen outras actuacións realizadas nos centros educativos neste municipio. Concretamente, desde o ano 2016 realizáronse actuacións no CEIP de Portosín, no CEIP Santa Irene, no CEIP de Xuño e no IES de Porto do Son por un importe de máis de 381.000 euros.
Trenor lembrou que neste momento está adxudicado e asinado o contrato dunha obra de melloras básicas de eficiencia enerxética en cubertas e outras obras accesorias no IES de Porto do Son que conta cun orzamento de case 250.000 euros. A actuación fundamental consiste na renovación completa da cuberta do edificio, que está moi deteriorada, pero tamén se inclúe o cambio dalgunhas xanelas das aulas que sofren temperaturas máis altas en días asollados co paso da persiana á cara exterior para evitar este problema, a substitución das tubaxes de cobre da instalación de fontanería de auga fría con constantes roturas e perdas, e a construción dunha nova marquesiña de conexión co pavillón polideportivo, estando a actual completamente corroída en función do agresivo ambiente mariño da zona.
O delegado da Xunta comprometeuse a seguir traballando co alcalde deste concello para atender as necesidades educativas e de infraestruturas para ofrecer una atención de calidade.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.