En Lousame ferido grave o condutor dun todoterreo tras saírse da vía

02 Outubro 2020

Os servizos de emerxencias tiveron que intervir para axudar ao ocupante dun vehículo que se saíu da vía e caeu a unha leira en Lousame. Era un condutor dun todoterreo con remolque que resultou ferido grave tras saírse da vía este venres na AC-308 ao seu paso por Vilacoba, no municipio de Lousame.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das catro da tarde na estrada vella de Noia a Padrón, onde aterrou o equipo médico a bordo de helicóptero de Santiago para atender ao ferido.

Para facilitar a atención do afectado, os Bombeiros de Boiro sacaron á persoa do interior do vehículo e o levaron ata onde agardaban os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois había certo desnivel entre a leira e a estrada. Así, aínda que estaba liberado, necesitou da axuda dos efectivos de salvamento e rescate para poder recibir a asistencia médica necesaria de acordo coas lesións producidas polo impacto.

Cómpre sinalar que o operativo para atender ao accidentado activouse tras a chamada dunha persoas particular ao 112 Galicia para informar de canto acontecía. Deste xeito, ademais dos bombeiros e dos sanitarios, o persoal do 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico, así como aos membros do GES de Brión e voluntarios de Protección Civil.

Saída da vía e caeu a unha leira en Lousame dunha furgoneta.remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.